MSI trae a España o seu tablet con Windows 7
xoves, 13 de xaneiro do 2011- O MSI WindTop 100W puido verse nun evento organizado por MSI en Taipei o pasado mes de decembro
AÃnda que exista a
percepción de que os dispositivos tipo tablet limÃtanse aos sistemas operativos
de Apple e Google, existen distintos terminais que operan con Windows 7 Home
Premium, coma o MSI
WindPad 100W, que cunha pantalla multi-táctil de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, procesador Intel Atom Z530 a 1,6 GHz,
gráfica Intel GMA 500, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento flash, unhas medidas
de 274 x 173 x 18,5 milÃmetros e un peso de 800 gramos (cunha baterÃa de 2
celas que dálle unha autonomÃa de 6 horas) vén
de pórse á venda en España por un prezo de 549 euros.
Este interesante tablet conta con 2 cámaras de 1,3 MpÃxeles, sensor de
gravidade, sensor de luz, lector de tarxetas SD, Wi-Fi N, Bluetooth, entradas
USB 2.0 e porto mini HDMI, de xeito que está moi próximo en posibilidades a un
ordenador portátil, de aà que certos usuarios optarÃan por este tipo de produto
antes que apostar por plataformas tan pechadas coma o iPad, aÃnda que cómpre
recoñecer que o Windows 7 non é o mellor sistema operativo para unha pantalla
táctil, de aà que MSI integre no seu equipo a interface de usuario Wind Touch,
que facilita as funcións principais coma reproducir contidos multimedia,
navegar pola web ou facer uso da mensaxerÃa instantánea. Tamén conta con
software de recoñecemento facial que protexe os datos de miradas alleas e
facilita o acceso a distintos servizos que precisen contrasinal.
Análise en vÃdeo do MSI WindPad 100W
- O MSI WindTop 100W facilita o uso da mensaxerÃa instantánea (e a videoconferencia)