MOTO Q9h, o móbil HSDPA de Motorola
xoves, 26 de xullo do 2007
Os clientes de Movistar poden mercar dende o 19 de
xullo o terminal MOTO
Q9h a partir de 179 euros, que destaca por ser o primeiro teléfono
intelixente de Motorola con conectividade HSDPA que permite o acceso á Internet
a alta velocidade.
O reducido terminal non prescinde dun teclado QWERTY (que fai moi doado o uso
do correo electrónico ou a edición de documentos) e incorpora o novo sistema
operativo Windows Mobile 6, que inclúe aplicacións coma o Internet Explorer, o
Microsoft Office ou o Reprodutor Multimedia de Windows.
Para fomentar o uso profesional deste terminal, Movistar permite a contratación
do programa Navegación y Correo PDA
co que os usuarios poden descargar 200 Mb por 15 euros ó mes, o que lles
permitirÃa visitar unhas 1.200 páxinas web, recibir mái de 20.000 correos
electrónicos de texto, abrir 1.000 documentos de Word ou descargar 200
presentacións de PowerPoint, aÃnda que os usuarios máis intensivos tamén poden
contratar unha tarifa plana sen lÃmites por 58 euros mensuais.