MID con WiMAX de Digifriends
mércores, 11 de xuño do 2008
Nun momento no que os
móbiles coma o iPhone teñen un importante impacto, e os ultraportátiles de
baixo custo comezan a chegar ao mercado, parece difÃcil prever o futuro que
terán os MID, dispositivos a medio camiño entre os dous tipos de dispositivos
anteriores, e hoxe queremos dar a coñecer o de Digifriends, pois parece que vai
chegar ao mercado norteamericano en breve, e poderÃa ser un produto
moi interesante para os que queiran acceder á Rede con alta mobilidade.
Os MID poderÃanse confundir de xeito doado con reprodutores multimedia, e no
caso deste produto surcoreano estariamos a falar dun trebello de 161 x 88 x 18
milÃmetros, pero que destaca pola súa pantalla táctil de 4,8 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles (ou sexa,
que presentarÃa a mesma información en pantalla que un ultraportátil de baixo
custo cunha pantalla de 8,9 ou 10 polgadas) o que permite ver as páxinas web de
xeito satisfactorio (sen ter que andar a facer zoom coma se fai no iPhone, que só presenta 480 x 320 pÃxeles en
pantalla).
- Pódese adquirir un teclado QWERTY para este MID modular
No seu interior tamén inclúe un procesador Intel Atom a 1,2 GHz, 1
Gb de RAM, entre 30 e 60 Gb de disco duro, sintonizador de TDT móbil (DVB-H),
cámaras de 0,3 e 2 MpÃxeles (unha para fotos e outra para videoconferencia),
saÃda de televisión e VGA e unha altÃsima conectividade (Bluetooth, Wi-Fi e
WiMAX).
No tocante ao seu sistema operativo, é compatible con Linux, Windows XP e
Vista, e tamén destaca por contar con accesorios coma un teclado QWERTY ou un
navegador GPS. O prezo do dispositivo non se coñece, pero parece que o
seu fabricante está a traballar para que se venda a través de operadoras de telecomunicacións
(especialmente se contan con redes WiMAX).