Lycos anuncia o seu peche definitivo en España

luns, 16 de febreiro do 2009 Raquel Noya

O día 28 de novembro do pasado ano 2008, o xornal dixital El País, sorprendía (ou quizais non tanto) aos seus lectores e lectoras cunha nova que anunciaba o peche definitivo de Lycos en Europa.
O xornalista encargado de redactar a información apuntaba que o portal se convertira na “primeira compañía de Internet víctima da crise” e afirmaba que a firma decidira pechar o seu portal “agobiada polas perdas que sufría, que ascendían a máis de 17 millóns de euros”.
Agora, despois de case 3 meses de espera, a previsión de El País cumpriuse e Lycos vén de anunciar o peche definitivo do seu portal en España e no resto de Europa por falta de rendibilidade.
Asemade, aínda que a compañía manterá algunhas ferramentas como Tripod, que ten aproximadamente uns 6 millóns de usuarios, tamén pechará Jubii, o servizo co que Lycos quería entrar na Web 2.0 e que tampouco acabou de gustar en España.

PUBLICIDADE