Luzes presentou nova web en Culturgal

luns, 7 de decembro do 2015 Redacción

María Bragado Paz, responsable da revista Luzes, nunha instantánea de Xosé Manuel Pereiro

Luzes, a publicación galega impulsada na recta final de 2013 por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, vén de presentar a súa nova web, Revistaluzes.com, e máis un monográfico sobre as eleccións do 20D no Culturgal. Ámbalas achegas foron dadas a coñecer na feira Culturgal, esta fin de semana en Pontevedra, onde e informou que a páxina incluirá a partir de xaneiro deste anos contidos pechados exclusivos para os seus subscritores. Os encargados de amosar as novidades en Luzes foron, precisamente, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.
Amais do devandito, informaron que Revistaluzes.com xa está dispoñibel para todos os lectores cunha escolma das mellores reportaxes e entrevistas da revista. “A partir de xaneiro de 2016”, engadiron, “a web seguirá aberta mais contara con contidos pechados, exclusivos para os subscritores e subscritoras da revista”. O monográfico sobre o 20D, que inclúe pezas de Antón Losada, Sonia Vizoso, Claudia Morán e Fermín Bouza, será distribuído de maneira gratuíta aos subscritores e subscritoras de Luzes e terá un prezo de venda de 3.50 euros. Para todo aquel que desexe subscribirse a Luzes, pode facelo a través do novo web ou enviando un correo electrónico a subscricions@revistaluzces.com.
A presenza de Luzes no Culturgal, nas redes sociais e na Internet, responde a súa “necesidade de transformarse nun espazo habitado, dispoñíbel para todo aquel que queira achegarse”, segundo as palabras do seu director Xosé Manuel Pereiro.

PUBLICIDADE