Lugo ofrece formación sobre transformación dixital a medio centenar de mozos e mozas
martes, 14 de marzo do 2023
O
Concello
de Lugo que dirixe Lara Méndez
ofrecerá formación gratuíta e semipresencial sobre emprendemento e
transformación dixital a medio centenar de mozos e mozas,
menores de 30 anos, inscritos no sistema de garantía xuvenil. Os
cursos Emprendemento
xuvenil
e Emprendemento
en Industria
4.0 e Intelixencia
Artificial
desenvolveranse no marco dun convenio de colaboración entre a Área
de Desenvolvemento Local e Emprego e a Fundación INCYDE,
co-financiados pola UE a través do Fondo Social Europeo.
O
primeiro dos cursos terá comezo o vindeiro luns 20 de marzo e as
inscricións están abertas a través da
ligazón específica
da actividade,
mentres que a segunda acción formativa celebrarase no segundo
trimestre do ano. A duración será de sete semanas, sendo a primeira
e última presenciais nas dependencias do Centro de Innovación e
Empresas (CEI Nodus) do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas,
e o resto vía streaming.
O
obxectivo principal deste curso é “proporcionar unha visión
global das distintas áreas funcionais da empresa, para poder
determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan
de empresa
a través do coñecemento das ferramentas de xestión para favorecer
a posta en marcha no mercado”. Así, a estrutura do programa
contempla sesións grupais, asesorías individualizadas e formación
online complementaria, distribuídas nas diferentes áreas de
coñecemento: Estratexia Empresarial; Mercadotecnia
e TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación),
Innovación, Creatividade e Transferencia Tecnolóxica; e Finanzas.
Esta
acción formativa busca tamén
capacitar
aos mozos e mozas para deseñar un proxecto de transformación
dixital cara a Industria 4.0 (factoría
dixital)
a partir dunha das súas principais tecnoloxías habilitadoras: a
Intelixencia Artificial.
