Lowi ofrecerá 5G a partir do 16 de agosto
luns, 7 de agosto do 2023
Os
operadores de baixo custo están a recibir paulatinamente as tecnoloxÃas móbiles
máis avanzadas, para quedar á altura dos seus irmáns maiores, e como mostra
dixo temos que esta mañá Lowi, o operador de baixo custo de Vodafone, anunciou que a
partir do 16 de agosto os seus clientes poderán gozar da conectividade 5G
sen incremento de prezo nas súas tarifas e sen ter que facer nada para activar
a nova mellora das súas conexións.
Deste xeito Lowi permitirá que os seus clientes poderán gozar da 5G en máis de
2.000 concellos españois, ou sexa, nos territorios onde actualmente hai
cobertura 5G de Vodafone, o que polo momento supón unhas melloras moi limitadas,
pero que senta as bases para un tipo de comunicación que de cara ao futuro
achegará velocidades de descarga superiores e, moi especialmente, unha redución
da latencia que facilitará comunicacións máis áxiles, favorecendo o uso da 5G
como se dunha conexións á Internet fixa se tratase.
Lowi tamén está a traballar na incorporación de VoLTE á súa rede móbil (que
previsiblemente chegarÃa en setembro), o que permitirá chamadas de maior
calidade alà onde haxa como mÃnimo cobertura 4G, e non pecha a porta a poder
ofrecer máis adiante tamén as moi desexadas Chamadas Wi-Fi (que demandan
usuarios en zonas con mala cobertura móbil, que poderÃan superar tal atranco
aproveitando a súa conectividade de datos fixa).