Logitech propón o uso dun teclado con touchpad no salón
martes, 4 de marzo do 2014
Atendendo
ao cada vez maior número de usuarios que teñen conectado ao televisor do salón
un ordenador, un dispositivo tipo Apple TV ou unha consola de videoxogos, que
tenden a ter grandes problemas á hora de introducir texto para realizar buscas
e navegar pola web, Logitech presenta o novo Harmony
Smart Keyboard, un teclado sen fÃos que integra un touchpad, de xeito que
facilita un control remoto preciso, á vez que incorpora tamén os botóns tÃpicos
de pausa, reprodución ou mudar de canle.
Este produto complétase co Harmony Hub, un accesorio que a través dunha
aplicación converte os smartphones con Android ou iOS nun mando a distancia
universal (compatible con máis de 225.000 dispositivos de máis de 5.000 marcas),
eliminando asà a necesidade de ter o salón da casa cheo de mandos a distancia,
e coa comodidade de non ter que andar a orientar o mando para que se reciba
correctamente o seu sinal de infravermellos.
Espérase que esta solución saia á venda por uns 150 dólares.
VÃdeo de presentación dos novos produtos de Logitech para o salón doméstico