Logitech presenta unha webcam para o Pro Display XDR
mércores, 11 de decembro do 2019
Logitech aproveitou o lanzamento do novo monitor Pro Display
XDR de Apple para presentar unha webcam deseñada especificamente para
complementalo, a 4K Pro
Magnetic Webcam, que pode
mercarse por 199,95 euros.
Temos asà unha webcam ideal para usuarios de Mac que empreguen un dos seus
novos monitores profesionais (que non integran cámara), facilitando a captación
de vÃdeo el ultra alta definición para aplicacións como FaceTime, Zoom ou
Skype, prometendo unhas videoconferencias de calidade, grazas ao uso de
tecnoloxÃas como RightLight 3 con HDR, que realiza axustes para que a pouca luz
ou as situacións de luz solar directa non estraguen unha comunicación en vÃdeo.
Esta cámara pode captar vÃdeo 4K a 30 imaxes por segundo, vÃdeo Full HD a 60
imaxes por segundo ou vÃdeo 720p a 90 imaxes por segundo. A súa elevada resolución
permite a realización de zoom con bastante calidade en comunicacións en Full
HD, e tamén integra un par de micrófonos omnidireccionais con cancelación de
ruÃdo. Un produto realmente interesante que incluso distribúe Apple, de xeito
que pode ter unha boa recepción comercial pese a que o seu uso estea ligado a
un monitor profesional (ou sexa, que a demanda estará moi limitada). Pode
sorprender o feito de que, a cámara equivalente de propósito xeral, a Brio
Stream, teña un prezo oficial de 259 euros (aÃnda que na práctica é posible
atopala a prezos de entre 129,99 e 199 euros).