Logitech presenta un volante para a Wii

xoves, 21 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A Nintendo Wii permite o uso de xogos de carreiras co seu popular mando sensible ao movemento, pero está claro que esa experiencia de uso non é comparable ao da que se acada con volantes tradicionais, polo que Logitech lanzará en novembro un volante para Wii por 99,99 dólares (o que podería traducirse en 89,99 euros).
O Logitech Speed Force Wireless poderá empregarse tanto sobre unha mesa como sobre o regazo, incorpora force feedback para un maior realismo na condución, funciona sen fíos pero coma desvantaxe non conta con pedais (aínda que si con controis analóxicos que fan a mesma función).
O volante será compatible con Need for Speed Undercover, o xogo de carreiras que podería ser o primeiro en tirar proveito das funcionalidades deste periférico que tamén sería compatible con títulos anteriores (pero que claramente non empregarán funcións coma o force feedback).

PUBLICIDADE