Logitech presenta un teclado Bluetooth para o control multimedia

luns, 7 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Esta semana Logitech presenta no CES o seu teclado Bluetooth diNovo Mini, que se pode conectar tanto ó ordenador como á PlayStation 3, contando con 63 teclas retroiluminadas en cor laranxa (cando opera coma touch-pad) ou verde (en modo mando a distancia).
A batería do Logitech diNovo Mini dura 30 días tras unha carga de 4 horas, aínda que en 10 minutos xa pode acadar a carga suficiente para un día de uso. Este teclado será unha interesante para o control multimedia de portátiles, Media Centers e consolas de videoxogos domésticas con soporte de Bluetooth 2.0 e se venderá a 149,99 dólares.
Pode operar ata a 10 metros de distancia e só pesa uns 75 gramos. Tamén conta cun ClickPad que pode funcionar coma un TouchPad convencional ou coma cursores.


A reporteira de Engadget, Veronica Belmont, amosando o Logitech diNovo Mini dende o CES

PUBLICIDADE