Logitech presenta un novo teclado táctil pensado para Ultrabooks

mércores, 28 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Pensando nos delgados Ultrabooks e MacBook Air a xente de Logitech achéganos un novo rato táctil, o Ultrathin Touch Mouse, que conta cun delgado corpo de metal bruñido, é tan fino e lixeiro como para levalo no peto ou para que poder levalo na funda do noso portátil e facilita o aproveitamento dos xestos táctiles de Windows 8 (recoñece ata 9 xestos diferentes). Aínda que é delgado, tena suficiente superficie (8 x 5 centímetros) para permitir un agarre cómodo coa xema dos dedos, e o seu sensor ten a precisión suficiente como para poder responder ao máis mínimo movemento.
Outro detalle destacable deste rato informático é que conta cun sistema de carga rápida (por USB) que permite que nun so minuto podamos darlle a enerxía suficiente como para traballar durante unha hora, evitando así as incomodidades que xorden cando se acaba a batería do noso rato sen fíos e déixanos fóra de xogo durante boa parte da xornada de traballo. O Logitech Ultrathin Touch Mouse ten un prezo de 71,90 euros e é compatible con Windows 7/8.


Vídeo de presentación do novo rato táctil de Logitech

PUBLICIDADE