Logitech presenta novos accesorios para Mac
martes, 14 de xullo do 2020
Tradicionalmente
os equipos de Apple non destacaron polos seus teclados e ratos, situación que
dende Logitech aproveitan lanzando agora unha nova serie de accesorios que buscan
ofrecer unha mellor experiencia de uso, como os teclados e ratos da familia MX,
que dende hai tempo son claros referentes no mundo do PC, e que agora terÃan versións
especÃficas para equipos de Apple. A maiores tamén presentan unha nova
versión do teclado Bluetooth multi-dispositivo K380, agora adaptado aos Mac e
dispoñible en cor branca e rosa.
O MX
Master 3 for Mac é un dos ratos informáticos máis reputados do mercado, cunha
excelente ergonomÃa, e rodas de desprazamento que contribúen a axilizar moitos
fluxos de traballo. Destaca especialmente pola zona na que permite repousar o
polgar, xa que permite usar ese dedo, ignorado pola meirande parte de ratos,
para utilizar varios botóns e unha roda de desprazamento horizontal. Este
excelente rato pode mercarse xa nos EE.UU. por 99,99 dólares.
Para completar ao grande rato de Logitech tamén é unha boa opción o teclado MX
Keys for Mac, tamén a un prezo de 99,99 dólares, e que basicamente diferénciase
da versión ordinaria deste bo teclado en que as teclas están serigrafiadas do
mesmo xeito que os teclados de Apple en vez de contar con sÃmbolos propios de
equipos con Windows 10. O teclado conta con retroiluminación e a súa baterÃa
cárgase mediante USB-C. Unha carga darÃa para uns 10 dÃas de uso coa
retroiluminación acendida ou até 5 meses coa retroiluminación desactivada.
Un tanto máis sorprendente é o anuncio do teclado K380
for Mac, que vén a ser un teclado compacto e lixeiro pensado no seu uso cun
Mac, un iPad ou un iPhone, podendo saltar entre dispositivos con só premer unha
tecla. Véndese a un prezo de 39,99 dólares.
AÃnda non sabemos nin prezo nin data de lanzamento destes produtos en España, pero
parece razoable que vaian venderse ao mesmo prezo que os produtos serigrafiados
para Windows, de xeito que o MX Master 3 custarÃa 115 euros, o MX Keys venderÃase
a 115 euros e o K380 terÃa un prezo de 49,99 euros.