Logitech presenta novos accesorios para o iPad
mércores, 24 de agosto do 2011- O Logitech Fold-Up Keyboard é un teclado Bluetooth pensado para o iPad 2
Conscientes de
que os tablets están a gañar cada vez máis forza pola súa versatilidade,
Logitech presentou
hoxe un par de accesorios para o iPad que xa están dispoñibles para a súa
reserva. O de máis substancia serÃa o Logitech
Fold-Up Keyboard for iPad, un amplo teclado Bluetooth que pode facer de
base para o iPad 2 e que pode encartarse de xeito que ocupa o mesmo ancho que o
tablet de Apple cando non está a usarse, facilitando o seu transporte e
permitindo tamén o uso da Smart Cover (opción da que prescinden outros teclados
semellantes, que tenden a ancorarse na parte frontal do tablet, mentres que
este accesorio opta por colocarse por detrás do iPad 2). Iso si, esta elegancia
e versatilidade ten un prezo considerable (99,99 euros).
- O Logitech Joystick facilita o xogo no iPad
Máis económico (14,99 euros) e a outra novidade para o iPad, o Logitech Joystick for iPad, un stick semellante ao que teñen consolas de videoxogos como a Xbox 360 no seu mando, que pode adherirse nunha esquina da pantalla do iPad, para facilitar o uso de multitude de xogos que se manexan mediante controis virtuais, grazas principalmente a que asà o polgar do xogador ten sempre unha referencia fÃsica para os seus movementos, evitando a molestia de sacar accidentalmente o dedo da zona de control. Desta volta o curioso accesorio é compatible tanto co iPad como co iPad 2.
- O Logitech Joystick for iPad fai doado xogar no tablet de Apple sen escorregar o polgar esquerdo
- O Logitech Fold-Up for iPad pode encartarse para adaptar o espacio ocupado ás dimensións do iPad 2