Logitech presenta novos dispositivos pensados para axilizar o uso de Windows 8
mércores, 10 de outubro do 2012- O touchpad de Logitech premite tirar proveito dos xestos táctiles para controlar Windows 8
Posiblemente
o principal atranco que van atopar moitos usuarios ao instalar Windows 8 nos
seus equipos será a interface de uso empregada para controlar as aplicacións
optimizadas para usos en pantallas táctiles, que nos ordenadores portátiles con
touchpad multi-táctil tamén poden manexarse dun xeito intuitivo, pero que cun
rato informático tradicional o resultado non é tal versátil, de aà que
fabricantes como Logitech incorporen dende xa mesmo novos
dispositivos pensados en controlar o novo sistema operativo de Microsoft.
Por unha banda temos o Logitech
Wireless Rechargeable Touchpad T650, que pretende achegar a experiencia de
uso de portátiles ao ordenador de sobremesa, librándose de paso dos cables, e abrazando
os xestos de Windows 8 (ata 13 distintos) de xeito que permite mellorar a
produtividade co sistema operativo que chegará oficialmente o vindeiro dÃa 26.
O seu prezo de venda será de 79,99 euros.
- O Touch Zone Mouse T620 de Logitech ten unha superficie táctil dende a que rexistra ata 6 xestos distintos
Pola contra, o Logitech
Zone Touch Mouse T620 mantén o control tradicional dos ratos informáticos,
pero incorpora unha superficie táctil con soporte de xestos (ata 6 distintos),
creando unha experiencia de uso intuitiva e natural que sen chegar á
versatilidade dun touchpad, é unha solución máis atinada para quen precisa a
precisión dun rato. Pode mercarse xa por 69,99 euros.
Cunhas prestacións máis axustadas temos tamén o Logitech
Zone Touch Mouse T400, que limita o control táctil a unha zona de cristal
na parte central do rato onde estamos afeitos a ver a tÃpica roda de
desprazamento, proposta tan sinxela que só acepta 3 accións táctiles distintas.
Está á venda por 49,99 euros.
Estes produtos de Logitech son tan válidos para empregar no noso equipo de
sobremesa como para tablets baseados en Windows 8, pretendendo principalmente
tirar proveito das posibilidades de control que abre o novo sistema operativo
de Microsoft.
- O Logitech Zone Touch Mouse T400 limÃtase a substituÃr a tradicional roda de desprazamento do rato por unha superficie táctil
VÃdeo de presentación dos novos produtos de Logitech