Logitech prepara novas fundas e teclados para o iPad Air

luns, 28 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O vindeiro venres está previsto o lanzamento en España do novo iPad Air (algunhas tendas especializadas en produtos de Apple abrirán para atender aos consumidores máis ansiosos por facerse co último produto da compañía da mazá) e para atender a esta novidade dende Logitech xa anuncian que adaptaron 4 dos seus accesorios estrela para o novo trebello. Trátase da funda de protección Folio (sinxela funda de protección que espérase que custe 49,99 euros) e dos teclados FabricSkin Keyboard Folio (unha nova funda con teclado de grande calidade que podería ter un prezo de 149,99 euros), Ultrathin Keyboard Cover e Ultrathin Keyboard Folio (estes dous últimos xa dispoñible en España a un prezo de 99,99 euros).
Os mencionados teclados aproveitan ao máximo posible o ancho do tablet para conseguir unhas teclas o suficientemente grandes como para permitir un uso cómodo e rápido.

Durante o mes de novembro poderanse mercar os novos accesorios de Logitech para o iPad Air

PUBLICIDADE