Logitech leva o seu teclado solar aos Mac
mércores, 17 de agosto do 2011
Logitech celebrou a
chegada do verán co seu teclado
solar sen fÃos K750, que a moitos pode lembrarnos ás vellas calculadoras
solares, por integrar un panel na súa parte superior para achegar enerxÃa para operar,
que tamén destaca polo seu deseño ultrafino (8,4 milÃmetros de grosor), e que
está á venda por 79,99 euros; pero agora queren levar este atractivo teclado ao
mundo Mac, e anuncian
unha versión do mesmo para equipos de Apple, de xeito que manteñen
caracterÃsticas, pero presenta unha aparencia semellante á dos teclados
oficiais de Apple, coa posibilidade de adquirilo nunha completa gama cromática
(prata, negro, azul, rosa e verde). Curiosamente este
novo modelo terá un prezo de 59,99 dólares nos EE.UU. (polo que
posiblemente poida conseguirse en España a finais de mes por 59,99 euros).
Cómpre destacar que este tipo de teclados teñen un consumo moi reducido, de
xeito que poderÃan funcionar ata 3 meses a escuras, polo que o feito de que se
alimenten de luz non deberÃa ser un problema.
- O Logitech Wireless Solar Keyboard K750 estará dispoñible en múltiples cores