Logitech estrea un teclado sen fíos para empregar con varios dispositivos

mércores, 7 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O novo teclado de Logitech está pensado para emparellarse con varios dispositivos á vez

Os usuarios que empreguen distintos dispositivos como ordenadores, tablets e móbiles para funcións como escribir correos electrónicos ou redactar documentos poden atopar interesante a adquisición do novo teclado de Logitech, que comunícase con ordenadores e trebellos móbiles a través de Bluetooth, ten batería recargable por USB e pode emparellarse ata con 3 dispositivos á vez (podendo alternar entre os mesmos con só premer un botón), de xeito que é ideal para ter unha experiencia de tecleo unificada.
O Logitech Bluetooth Illuminated Keyboard K810 é compatible con Windows, iOS e Android, estando o seu deseño optimizado para Windows 8 e, ao contar con teclas retroiluminadas, pode resultar ideal tanto para o seu uso de día como de noite (o brillo axústase de xeito automático segundo a iluminación e incluso detecta a proximidade das mans para aforrar enerxía cando o usuario estea a escribir). O seu deseño é fino e elegante, e permite cambiar de actividade de xeito áxil, de xeito que tras escribir un e-mail no PC podemos saltar ao iPad para tomar uns apuntes ou a un smartphone con Android para responder a unha mensaxe de texto, escenarios que con este tipo de accesorio gañarían en produtividade, aínda que para poder gozar de tal prestación haxa que desembolsar os 99,99 euros que custa o teclado sen fíos.

O teclado ten un deseño elegante e delgado

PUBLICIDADE