Logitech estrea teclado-tapa para o iPad mini

martes, 5 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Para os usuarios que queiran facer un uso produtivo do seu iPad mini poden optar por facerse co Logitech Ultrathin Keyboard mini, dispositivo que fai de teclado recargable e tapa coma o seu predecesor para iPad, que pode sorprender por conseguir manter o tamaño e a disposición dun teclado tradicional nun tamaño moi compacto, de xeito que os usuarios afanse ao seu uso ao momento, á vez que poden tirar proveito de atallos de teclado para funcións como copiar e pegar.
Este teclado-tapa conéctase ao iPad mini mediante potentes imáns, que como a Smart Cover serve para apagar e acender a pantalla do tablet automaticamente, comunícase por Bluetooth, ten unha batería que pode durar ata 3 meses cun uso moderado, o seu grosor é de só 7,3 milímetros e pesa 220 gramos. O seu prezo de venda é de 79,99 euros e xa é posible encargalo tanto en branco ou negro.


Vídeo de presentación do Logitech Ultrathin Keyboard mini

O teclado-tapa tamén está dispoñible en cor negra

PUBLICIDADE