Logitech comercializa un rato sen fíos cunha autonomía de 2 anos

martes, 8 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Pese a que os ratos informáticos son uns dispositivos nos que hai pouca innovación, continúan a chegar novos modelos ao mercado, especialmente pensando en usuarios esixentes, que poderán optar por facerse cun Logitech Wireless Mouse M510, que sería un rato sen fíos de gama media, que rexistra os seus movementos mediante láser, goza dunha boa ergonomía, a súa roda de desprazamento é de alta calidade, conta con botóns de avance e retroceso, desprazamento horizontal e zoom, e ante un uso normal é capaz de operar durante 2 anos cun par de pilas AA. Ante estas prestacións o seu prezo de 39,90 euros non parece moi elevado.

PUBLICIDADE