Lode Runner resucita na Xbox 360

mércores, 22 de abril do 2009 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe Lode Runner, un remake do xogo do mesmo nome que se editou en 1983 e que pode adquirirse por 1.200 puntos (14,4 euros). Este título combina acción e crebacabezas con 220 niveis nos que hai que facerse co ouro repartido por todo un mapa á vez que combatemos e fuximos de perigosos inimigos. Como melloras non só conta cuns gráficos actualizados (con aparencia 3D, conservando a mecánica de xogo 2D), senón que tamén abre modos competitivos e cooperativos en liña.
Esta entrega de Lode Runner repite unha das características máis destacables do título orixinal: un editor de niveis. Así, podemos facer as nosas propias pantallas desta especie de xogo de plataformas (no que a compoñente de puzzle ten moito peso) e logo compartilas cos nosos amigos e coa comunidade de usuarios do xogo.

PUBLICIDADE