LittleBigPlanet 2 terá edición para coleccionistas

mércores, 10 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Aínda que LittleBigPlanet non conseguise converterse no Super Mario Bros de Sony, parece evidente que estabamos ante un título con potencial para converterse en todo un clásico, polo que non sorprende a ninguén que en xaneiro de 2011 vaiamos ter nas tendas LittleBigPlanet 2, título que volverá a permitir que creemos os nosos propios niveis para que os supere o carismático Sackboy, que tamén poderá facer fronte a un modo Historia cheo de diversión, enigmas e desafíos. Coma novidade neste entrega, aparte da creación de mapas, tamén poderán desenvolverse xogos enteiros dun xeito doado e divertido, que para moitos será incluso mellor que a clásica mecánica de plataformas.
En vista de que o xogo vai causar furor, Sony xa prepara unha edición para coleccionistas, que presentarase en caixa metálica e incluirá contidos descargables exclusivos, coma 5 avatares de PSN e varios traxes novos de Sackboy que permitirán disfrazar ao personaxe do alieníxena de Toy Story 3, do Clu de TRON: Legacy, de Gonzo dos Teleñecos e de varios personaxes de Aún más animales.
Os que reserven o xogo antes do sen lanzamento tamén poderán optar aos traxes de Jak, Daxter, Ratchet e Clank, que prometen ser exclusivos, polo que resultarán un interesante incentivo para os potenciais compradores deste novo xogo para PlayStation 3.

Clu e Gonzo serán 2 dos novos traxes dispoñibles na versión para coleccionistas de LittleBigPlanet 2

PUBLICIDADE