Linutop: un ordenador de tamaño reducido baseado en Linux
xoves, 26 de outubro do 2006
Hai ordenadores de reducido tamaño (coma os Mac Mini) que resultan moi atractivos para os usuarios pola súa estética e funcionalidade, e para permitir un achegamento máis económico e aberto, están a preparar o Linutop, que é un ordenador de 9,3 x 2,7 x 15 cm e un peso de só 280 gramos que pretende atender a demanda de equipos de tamaño reducido e baixo custo.
O lanzamento de Linutop realizarase nas vindeiras semanas (polo que aÃnda non se coñece o prezo final), pero o feito de estea baseado no sistema operativo GNU/Linux e que estea orientado a un uso básico (como poderÃa ser o de equipos para bibliotecas, hoteis, cibers...) dá a entender que terá un prezo reducido.
O Linutop ten un procesador AMD Geode, 512 Mb de ROM, 256 Mb de RAM, tarxeta de rede FastEthernet, saÃda de VGA, entrada e saÃda de son e 4 portos USB, podendo engadÃrselle tanto portos USB 2.0 coma conectividade Wi-Fi.
No tocante ó software, incluirá o procesador de textos AbiWord, o lector de PDF Evince, o navegador Firefox, o programa de mensaxerÃa instantánea Gaim e o reprodutor multimedia Totem, polo que cumpre cos principais usos dun ordenador básico.
Ademais, o equipo non ten disco duro, polo que teremos un sistema silencioso e de baixo consumo, que serÃa ideal coma segundo ordenador nun domicilio (especialmente para aproveitar algún monitor vello) o que era tamén o argumento que empregaban para a adquisición do Mac Mini.