Linutop 3, un novo nettop baseado en Linux

martes, 30 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Os nettops son equipos pouco populares, pero teñen o seu aquel para quen busque un equipo informático cativo e económico para un uso lixeiro, e dentro deste tipo de ordenadores chega agora o Linutop 3, que en 23,5 x 23,6 x 5,5 centímetros e 1,8 quilogramos agocha un procesador Intel Atom 1,6 GHz (fuxindo do procesador AMD do Linutop 2), 1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb), 2 Gb de almacenamento flash, Gigabit Ethernet, saídas de vídeo VGA e DVI (soportando unha resolución máxima de 1.920 x 1.440 píxeles), 6 portos USB 2.0, 1 porto serie RS232, unha fenda PCIe libre no seu interior, 2 portos SATA e un consumo de só 20 vatios. O seu prezo de venda é de 340 euros co sistema operativo Linutop 4.0 preinstalado (incluíndo aplicacións coma Firefox 3.6, OpenOffice 2.3 e VLC 1.1).

O equipo conta cunha conectividade bastante boa para o seu reducido tamaño

PUBLICIDADE