Linksys estrea un router optimizado para Xbox One

martes, 8 de maio do 2018 Marcus Fernández

No marco do CES de Las Vegas Linksys anunciou o seu novo router WRT32XB, que destaca por un detalle bastante curioso, estar optimizado para o uso de videoxogos, de xeito que dá prioridade aos xogos sobre calquera dispositivo, e que por fin saíu á venda nos EE.UU. a un prezo de 249,99 dólares (210,73 euros) aínda que os máis impacientes poden conformarse co Linksys WRT32X, tamén optimizado para xogos e que pode mercarse en España por 179 euros.
O Linksys WRT32XB está enfocado especialmente ao seu uso coa consola Xbox One, xa que coa súa tecnoloxía KPE pode identificar de xeito automático os distintos modelos de consola de Microsoft e dar prioridade aos paquetes que transmiten, ofrecendo unha experiencia de xogo en liña optimizada, evitando os molestos retardos que poden estragar moitas partidas en liña.
Os usuarios que merquen este router poden gozar dunha promoción coa que reciben 3 meses do servizo Xbox Game Pass, o que facilítalles gozar de máis dun cento de xogos de Xbox One e Xbox 360 durante a súa subscrición.
Aínda que estamos ante un router dirixido ao fogar, presume de ter un hardware de nivel empresarial, que opera cun procesador ARM de dobre núcleo a 1,8 GHz, 512 MB de RAM e 256 MB de flash, ten Wi-Fi AC3200 MU-MIMO con 4 antenas externas, dobre banda simultánea, portos Gigabit Ethernet (4 para uso da rede local), un porto USB 3.0 e otro eSATA/USB 2.0 con soporte para sistemas de almacenamento FAT, NTFS e HFS+. Un produto realmente interesante para quen quere gozar dunha boa conexión de cara aos xogo en liña.