LifePrint: unha impresora fotográfica social e móbil

luns, 24 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Un novo proxecto de Kickstarter chega dende Los Angeles con moitas posibilidades de superar o seu obxectivo de 200.000 dólares nos seus primeiros días, por ofrecer unha curiosa proposta LifePrint é unha impresora fotográfica con conectividade Bluetooth e Wi-Fi para facilitar non só a impresión de instantáneas dende o móbil, senón tamén a impresión remota.
Estamos ante unha impresora cunha tecnoloxía semellante á de Polaroid (precisa dun papel especial para funcionar) que pode imprimir sen fíos unha fotografía nun 60 segundos e que contrólase a través unha aplicación móbil (para iOS e Android) con compoñentes sociais (que permite seguir a outros usuarios, de xeito que poden intercambiarse imaxes entre eles de xeito que moderan remitirse fotografías para a súa impresión ao outro lado do mundo) e funcións de retoque básicas na liña do que pode facerse con Instagram (filtros de cor, caixas de texto, bordes ou combinación de varias fotografías).
A impresora é portátil, pois integra unha batería recargable que permite imprimir unhas 30 fotografías cunha única carga; e estará dispoñible en cor branca ou negra, aínda que os mecenas do proxecto tamén poderán adquirir unha versión exclusiva en negro e cromo. Mide 16,5 x 11,4 x 3,8 centímetros, pesa uns 680 gramos e pode albergar no seu interior cartuchos con ata 10 películas imprimibles de 7,6 x 10 centímetros (que esperan ter un prezo de 20 dólares o lote de 10).
A oferta máis económica que ofrecen en Kickstarter para facerse cunha destas impresoras que comezará a remitirse aos mecenas no mes de xaneiro de 2015 sería de 99 dólares (86,46 euros con portes incluídos), co que fariámonos cunha impresora fotográfica con 10 películas e a aplicación móbil para iOS, o que suporía un aforro importante sobre o produto final (que espera comercializarse por uns 200 dólares). Tamén é posible adquirir o produto coa aplicación para Android polo mesmo prezo, pero cun prazo de entrega máis dilatado (os envíos comezarían en abril de 2015).

A impresora LifePrint chegará en 3 cores distintas


Vídeo promocional da campaña de micromecenado

PUBLICIDADE