Licitados novos contidos para os tres vindeiros cursos en E-Dixgal
martes, 10 de marzo do 2020
A
Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) licitou a contratación de novos
contidos curriculares para a iniciativa do libro dixital, E-Dixgal,
enmarcada no Proxecto Abalar (o proxecto galego de dixitalización
educativa). O pregos publicados este 10 de marzo na Plataforma de
Contratos de Galicia recollen unha dotación de ata 2 millóns de
euros para fornecer dúas alternativas de contidos curriculares
completos dos cursos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO,
para os tres vindeiros anos.
Segundo
lembra AMTEGA, a dÃa de hoxe os fornecedores destes contidos son
Netex e Edebé, cuxo contrato remata a finais deste curso 2019/20,
ademais de Pearson para os contidos da materia de Inglés e
aulaPlaneta, ambos dispoñÃbeis ata 2023.
Máis
de 32.000 alumnos en E-Dixgal o vindeiro curso
A
evolución de Abalar coa implantación da plataforma do libro dixital
E-Dixgal permitiu que, a dÃa de hoxe, 27.000 alumnos de 347
centros estuden con contidos dixitais. Trala convocatoria para
adhesión de novos centros, publicada o pasado 20 de febreiro pola
ConsellerÃa de Educación, Universidade e Formación Profesional, a
previsión é incrementar en 75 os centros incorporados á iniciativa
e superar os 32.000 alumnos estudando con libro dixital.