Liberada e dispoñíbel en galego a versión 4.14 do escritorio XFCE

martes, 20 de agosto do 2019 Redacción

Para quen teña un computador antigo ou limitado e queira contar cun escritorio sinxelo que tire proveito do sistema sen esgotalo, informarlle que vén de ser liberada a versión 4.14 da contorna XFCE, e faino cen por cen traducida ao galego e migrada a GTK3, conxunto de ferramentas GUI multiplataforma con ligazóns a moitas linguaxes (C, C++ Python, Vala) e con posibilidade de ser usada libremente pola comunidade de desenvolvedores. A versión presentada agora é o froito de catro anos de traballo. A posibilidade usar o escritorio en galego esténdese á propia web do proxecto, www.xfce.org, que tamén está dispoñíbel na nosa lingua.
Outras novidades relevantes serían, segundo salientan dende Mancomún, a integración de GDBus, o soporte de GObject Introspection, Vsync a través de OpenGL e HiDPI. O escritorio tamén ten a vantaxe da súa sinxeleza e o seu estilo intuitivo e desprovisto complementamente de alardes de deseño, pero, como salienta dende o devandito portal galego, coa vantaxe de ser “personalizábel e estábel”.

PUBLICIDADE