Lentes de vídeo con imaxe panorámica

xoves, 18 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Vuzix anunciou o lanzamento das lentes de vídeo iWear AV310 Widescreen, que amosan unha imaxe panorámica (16:9) que dan a sensación ao usuario de estar fronte unha pantalla de 52 polgadas a 3 metros de distancia. Esta solución permite así un consumo audiovisual moi persoal, xa que as lentes se poden conectar a reprodutores multimedia (soportando incluso os iPod), reprodutores de DVD, cámaras de vídeo, consolas de videoxogos, móbiles con saída de vídeo e outros dispositivos, sen precisar da acaparación do salón doméstico e permitindo o uso en mobilidade.
O iWear AV310 Widescreen é compatible con sinal de vídeo PAL e NTSC, ten unha autonomía de ata 5 horas cunha pila AA e se venderá nos EE.UU. por 249,95 dólares (uns 174,97 euros).

PUBLICIDADE