Lenovo vende en China un smartphone cunha batería de 3.500 mAh

martes, 27 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O Motorola RAZR MAXX HD ten un novo competidor a nivel de autonomía, pois o mercado chinés recibiu discretamente o novo Lenovo IdeaPhone P770, un smartphone con Android 4.1, pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 4 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, unhas medidas de 133 x 67 x 11,9 milímetros e un peso de 161 gramos que podería pasar desapercibido se non fose porque a súa batería é dunha impresionante capacidade de 3.500 mAh, o que segundo Lenovo permitiría 29 horas de conversa.
Este móbil véndese actualmente en China por 1.699 iuans (210,74 euros), e dubidamos que saia con esa configuración de tal mercado, pero a capacidade da súa batería dá a entender que outros terminais seguirán os mesmos pasos durante os vindeiros meses.

O Lenovo IdeaPhone P770 é un móbil de grande tamaño acompañado por unha batería á súa altura

PUBLICIDADE