Lenovo presenta unha tableta inspirada na Surface Pro
mércores, 2 de setembro do 2015
Cunha clara inspiración nas tabletas Surface Pro de
Microsoft, Lenovo aproveita a feira IFA de BerlÃn para anunciar a
súa nova Ideapad MIIX 700, unha tableta 2-en-1 que busca trunfar na campaña
de Nadal, e que contará cun dos novos procesadores Intel Core m7, o que
permitirÃa combinar un bo uso en mobilidade cun bo rendemento, á vez que
aproveita co seu deseño as facilidades que achega Windows 10 para saltar entre
un uso como tableta ou con teclado e touchpad. Sairá á venda no mes de novembro
a un prezo que partirÃa dos 699 dólares, e tamén contarÃa cunha opción para
integrar unha cámara Intel RealSense (elemento que tamén se rumorea que
integrarÃa a vindeira xeración de Microsoft Surface Pro).
Entrando a detallar as especificacións, falamos dun equipo que pode
configurarse até cunha pantalla de 12 polgadas cunha resolución de 2.160 x
1.440 pÃxeles, procesador Intel Core m7, 8 GB de RAM, 256 GB de SSD, cámaras de
5 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, 1 portos USB 3.0, 1 porto USB 2.0, saÃda
micro HDMI, lector de tarxetas microSD, altofalantes estéreo e cunha baterÃa
que permitirÃa unha autonomÃa de até 9 horas reproducindo vÃdeo en local. O
grosor desta tableta é de só 8,95 milÃmetros e o seu peso de 780 gramos, e
dentro da súas opcións tamén estará a dun modelo con conectividade 4G (o que
pode ser un factor importante para optar por este equipo en vez de o de
Microsoft).
- O equipo pode empregarse como portátil ou como tableta