Lenovo presenta un todo-en-un económico

martes, 26 de maio do 2009 Marcus Fernández

Apple puxo de moda os ordenadores todo-en-un co seu iMac, e na mesma liña o fabricante chinés Lenovo presenta o IdeaCentre C300, que é un ordenador integrando nunha pantalla panorámica de 20 polgadas, que funciona cun procesador Intel Atom N230, con ½ Gb de RAM, disco duro de entre 160 e 640 Gb, 6 portos USB, 1 porto Firewire, cámara de 1,3 Mpíxeles, lector de tarxetas de memoria, gravadora de DVD e altofalantes que sorprende por partir dun prezo de 450 dólares (321,73 euros), o que o fai moi atractivo para que queira contar cun ordenador que ocupe pouco espazo e que só vaia utilizarse para tarefas lixeiras, coma navegar pola Internet.
O equipo de Lenovo pódese mercar tanto con Windows XP coma con Windows Vista, conta con opción para Wi-Fi, e inclúe teclado e rato estándar (de cable).

PUBLICIDADE