Lenovo presenta un tablet con Windows 8.1 e pantalla de 8 polgadas

xoves, 17 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Lenovo continúa a querer facilitar levar unha versión completa de Windows nun equipo de pequenas dimensións e cun prezo asumible, polo que presenta esta semana o seu Miix2, un tablet con Windows 8.1 (e a versión doméstica do Office 2013) que opera cun procesador Intel Bay Trail-T de catro núcleos (baseado en arquitectura Atom), con pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, 2 Gb de RAM, ata 128 de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria), cámaras de 5 e 2 Mpíxeles, un peso de 350 gramos e un grosor de só 8,35 milímetros que conta con opcións de lapis dixitalizador e cuberta extraíble que porase á venda este mesmo mes por un prezo de saída de 299 euros (para o modelo con Wi-Fi e 32 Gb de almacenamento interno).
Con este tipo de produtos Lenovo pretende ofrecer a experiencia de uso dun tablet para o lecer coa posibilidade de contar cun ordenador en mobilidade para usos ofimáticos puntuais, resultando unha solución moi versátil que podería ter moi boa aceptación entre o público profesional.

PUBLICIDADE