Lenovo presenta un 2-en-1 de grande potencia que pode empregarse cun lapis de Wacom
mércores, 2 de decembro do 2015
Atendendo á demanda de ordenadores portátiles que poidan
funcionar tamén a xeito de tableta, Lenovo
presenta o seu novo ThinkPad P40 Yoga, que busca non só a versatilidade dos
ordenadores 2-en-1, senón tamén un grande desempeño, de xeito que serÃa un
produto ideal para usuarios creativos que terÃa un prezo moi inferior a un
equipo de prestacións comparables en formato de tableta puro (coma o Surface
Pro 4).
O ThinkPad P40 Yoga ten unha pantalla de 14 polgadas cunha resolución de 2.560
x 1.440 pÃxeles sobre a que pode utilizarse un lapis dixitalizador de Wacom
(con 2.048 niveis de presión), o que permite traballar con grande precisión
para realizar deseños, ilustracións ou incluso anotacións, trasladando a
experiencia propia do papel á pantalla do portátil. E para que a experiencia á
hora de traballar con aplicacións avanzadas (lembremos que aplicacións coma o
Photoshop poden ser moi esixentes) o portátil está equipado cun procesador Intel
Core i7 de sexta xeración, até 16 GB de RAM e unidade SSD de 512 GB, que sumado
a unha gráfica nVIDIA Wuadro M500M con 2 GB de VRAM consegue converterse nunha
excelente ferramenta para traballos creativos.
O equipo integra un teclado Lift’n Lock
cun marco que se levanta automaticamente ao redor das teclas cando se coloca en
modo tableta, facendo que sexa máis
cómodo traballar nese modo de funcionamento. Tamén é salientable que conta
cunha boa autonomÃa e que a súa construción pasou pro probas de resistencia de
grado militar, de xeito que estamos ante un produto robusto que inspira
confianza e que veremos no mercado a primeiros do ano que vén a un prezo que
parte de 1.399 dólares, polo que resultará bastante atractivo no mercado
profesional.
- Ao colocar o teclado contra a mesa, este portátil 2-en-1 pode comportarse como unha tableta