Lenovo estrea unha liña de accesorios informáticos para mobilidade
xoves, 13 de maio do 2021
Dende
Lenovo están a lanzar unha nova marca de dispositivos multipropósito para o
ordenador que buscan unha maior produtividade en mobilidade, comezando a familia de produtos
Lenovo Go cunha baterÃa externa de 20.000 mAh capaz de alimentar
ordenadores portátiles, uns auriculares con micrófono e un rato sen fÃos que,
aparte de ser multidispositivo, chama moito a atención polo feito de que a súa
baterÃa interna poder recargarse por indución.
A Lenovo Go USB-C Laptop Power Bank é unha baterÃa externa moi versátil, que
pode achegar até 65 watts, de xeito que é capaz de alimentar ordenadores
portátiles mediante cable, aÃnda que tamén conta cunha superficie de carga sen
fÃos para accesorios, prestación que combina moi ben co Lenovo Go Wireless
Multi-Device Mouse, un rato que pode conectarse á tres dispositivos á vez,
podendo saltar de un a outro con só premer un botón, e que pode recargarse a
través de USB-C ou mediante carga indutiva Qi, caracterÃstica que está a ser
moi aplaudida por ser unha solución válida para un grande fallo de deseño dos
ratos de Apple (que para cargalos mediante cable hai que colocalos boca arriba,
de xeito que non poden manexarse durante o proceso).
Estes
novos accesorios chegarán ao mercado estadounidense no mes de xuño a un prezo
de 89,99 dólares a baterÃa externa e de 59,99 euros o rato multidispositivo.
- Que o rato multidispositivo da familia Lenovo Go conte con carga indutiva permite recargar a súa baterÃa dun xeito cómodo