Lenovo Yoga A12: un portátil con Android e teclado táctil

luns, 6 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Lenovo vén de sorprender ao presentar o seu equipo Yoga A12, que podemos velo como unha tableta Android con pantalla de 12,2 polgadas que integra un portátil, ou como un portátil que funciona con Android, pero en calquera caso estamos ante un produto moi práctico, por resultar altamente portátil e ter un prezo contido, aínda que non sería un dispositivo moi recomendable para usos intensivos de ofimática, xa que o seu teclado é táctil, o que ten como vantaxe o seu reducido grosor, pero dificulta o seu uso sen dirixir a vista ao mesmo.
O Lenovo Yoga A12 chegará o mércores ao mercado cun procesador Atom x5, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno e pantalla de 12,2” cunha resolución de 1.200 x 800 píxeles (que pode abaterse até 360 graos para alternar o uso como portátil ou como tableta), presumindo dunha autonomía de até 13 horas e cun prezo de 299 dólares. Poderase adquirir en cor gris ou rosa, e polo momento non se sabe cando chegará a España.

O teclado táctil permite que o Yoga A12 sexa moi delgado e lixeiro
A pantalla do Lenovo Yoga A12 pode abaterse para empregar o equipo de diferentes xeitos

PUBLICIDADE