Lenovo Lephone, un móbil convertible

martes, 12 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Durante o CES de Las Vegas púidose ver un novo terminal Android que estaría destinado ao mercado chinés, o Lenovo Lephone, que destacaría por contar con dúas partes separables, de xeito que podería aproveitaría o concepto híbrido do Lenovo IdeaPad U1, de xeito que tanto podemos ter un móbil con pantalla táctil coma un terminal tipo cuncha con teclado completo.
Este móbil estaría dentro da alta gama, cunha pantalla capacitiva de 3,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon, Wi-Fi, UMTS, GPS, cámara principal de 3 Mpíxeles e secundaria con calidade VGA, sistema operativo Android 2.1 e só 12 milímetros de grosor.
Teriamos así un dispositivo doado de comparar cun Nexus One, pero co valor engadido que supón o seu teclado extraíble, o que podería facelo moi práctico para o envío de mensaxes de texto e o uso do correo electrónico, polo que podería ser máis apto para o uso profesional que o primeiro móbil vendido directamente por Google.

Aínda que cunha disposición de teclas un tanto curiosa, a incorporación dun teclado QWERTY o Lenovo Lephone é o seu factor diferenciador


Vídeo de Crunchgear no que podemos ver o Lenovo Lephone

PUBLICIDADE