Lemmings Touch</Em> ultima o seu lanzamento para PS Vita
xoves, 12 de setembro do 2013
Ante o inminente lanzamento de Lemmings
Touch, publican un novo trailer deste clásico xogo de quebracabezas que
finalmente chega a PlayStation Vita, traendo á portátil de Sony unha revisión deste
aditivo xogo que tras pasar por numerosas plataformas (PC, Atari ST, Amiga,
Super Nintendo, Spectrum, PSP...) que adáptase a pantallas táctiles, o que
faise de xeito bastante natural (pola analoxÃa entre o control táctil e o rato
informático).
Lemmings Touch ofrecerá 100 niveis
impresionantes, unha interface de uso cun deseño elegante, unha mecánica de
xogo sinxela e numerosas novidades con respecto ao xogo orixinal que farán
deste tÃtulo todo un imprescindible para os posuidores da PS Vita, e que
agardemos que máis adiante salte a outras plataformas para facer que estas
curiosas criaturas recuperen a relevancia que merecen.
Trailer de Lemmings Touch para PS Vita