Left 4 Dead estrea Pack de supervivencia

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

O xogo Left 4 Dead vén de recibir de balde unha actualización en forma de Pack de supervivencia nas súas versións de Xbox 360 e PC (aínda que a primeira chegou cunhas horas de antelación) de xeito que os usuarios que descarguen esta expansión poderán gozar dun novo modo de xogo chamado Supervivencia, así coma 2 novas campañas do modo competitivo (Versus) do xogo.
Loxicamente os únicos usuarios de Xbox 360 que poderán descargar este contido son os que teñan contas Gold, xa que a ampliación está destinada ao xogo en rede (vetado para os usuarios Silver).
É de agradecer que o xogo que xunto con Dead Space foi considerado como unha das mellores sorpresas de segunda metade de 2008 goce de ampliacións de balde, nun momento no que os contidos de pago están a proliferar de xeito alarmante.

PUBLICIDADE