Lámpada-cogomelo inspirada en Super Mario Bros

luns, 17 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os afeccionados ós xogos de Super Mario Bros teñen presente na súa mente iconas relativas ó seu heroico fontaneiro como as tartarugas (que había que esquivar no xogo) ou os cogomelos (que dotaban a Mario de poderes especiais ou vidas adicionais), polo que poderán acoller de bo grado as novas lámpadas que venden dende a hongkonesa tenda Brando.
A USB Mushroom Lamp mide 13 centímetros de alto e a súa base mide 10,8 x 14 centímetros, pesa 161 gramos e se pode alimentar con 4 pilas AA ou mediante USB. As lámpadas-cogomelo se acenden con premer a súa parte superior, custan 13 dólares (pouco máis de 9 euros) e se venden en cor vermella, verde e azul.

PUBLICIDADE