Lacie presenta un disco duro externo con carcasa dourada

mércores, 12 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A proliferación do ordenadores portátiles vai parella cos dispositivos externos coma os discos duros USB, e competir por ter modelos atractivos ou exclusivos resulta complexo, pero Lacie sorprende cun modelo fóra do normal: o Lacie Golden Disk, que ten unha carcasa dourada.
O novo disco duro foi un deseñado por Ora-Ïto, e ten unha capacidade de 500 Gb. Funciona sen ventilador, conéctase en portos USB 2.0 e é compatible con Windows e Mac OS X.
Venderase a uns 190 dólares e incluirá nos seu paquete o software SilverKeeper Backup Utilities, que fai doada a realización de copias de seguridade do noso equipo informático.