LaCie presenta varias chaves USB

martes, 3 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Dende LaCie conseguiron chamar a atención coas súas chaves PassKey, que son en realidade lectores de tarxetas de memoria microSD/microSDHC cunha velocidade de lectura de 20 Mb/seg. e de escritura de 10 Mb/seg. que dan o pego coma chaves ordinarias, deseño que tamén levaron ás memorias USB iamaKey e itsaKey con 4 e 8 Gb de capacidade respectivamente.
Estas chaves de memoria soportan golpes e son compatibles coa tecnoloxía ReadyBoost de Windows Vista (que permite o seu uso para acelerar o funcionamento do ordenador) e aínda non se coñece o seu prezo nin a súa data de lanzamento.

PUBLICIDADE