LaCie presenta unha unidade SSD externa con carcasa de aluminio
xoves, 25 de outubro do 2012
- O acabado de aluminio desta unidade externa aporta resistencia e vai a xogo cos portátiles de Apple
LaCie vén de anunciar, xunto con Porche Design, unha nova
unidade externa USB 3.0, moi delgada (11 milÃmetros) e cun deseño elegante que casa
moi ben cos portátiles MacBook Pro e MacBook Air, compartindo con estes
equipos o seu acabado de aluminio (sendo tamén compatibles con Time Machine).
Pero a principal caracterÃstica da unidade Slim Drive
P’9223 é que pode adquirirse cun disco duro de 500 Gb no seu interior a un
prezo de 94,99 euros ou cun SSD de 120 Gb por 149,99 euros, conseguindo neste
último caso unha elevada velocidades de ata 400 Mbytes/segundo.
Para exemplificar esta velocidade detallan que un vÃdeo que se transmitirÃa en
133 segundos un disco duro externo USB 2.0 precisarÃa de 80 segundos cun disco
duro USB 3.0 e só 20 segundos cunha unidade SSD por USB 3.0.
- A versión con SSD desta unidade de LaCie ten só 11 milÃmetros de grosor e 181,44 gramos de peso