La Leyenda de Korra estrea videoxogo

martes, 21 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Nickelodeon e Activision uniron forzas para lanzar un xogo de acción en terceira persoal baseado na serie de televisión La Leyenda de Korra (secuela de Avatar: The Last Airbender) e que foi desenvolvido por Platinum Games, o que é toda unha garantía de calidade e diversión. O xogo xa está dispoñible para PC a un prezo de 14,99 euros, así como na PlayStation Network en versións para PS3 e PS4, chegando mañá á Xbox One e á Xbox 360.
Este xogo conta cunha historia orixinal escrita polos guionistas da serie, na que unha antiga forza malvada emerxeu dos portais e ameaza o equilibrio entre os dous mundos, sendo a Avatar a única capaz de derrotar a este nova ameaza, para o que terá que aproveitar os poderes dos 4 elementos (auga, terra, lume e aire) cambiando de estilos en calquera momento para executar golpes combinados devastadores.
Unha aventura que recibirán moi positivamente os seareiros da franquía de Avatar e que tamén terá a semana que vén contará tamén cun xogo independente (aínda que cun argumento semellante) para Nintendo 3DS que foi desenvolvido por Webfoot Technologies e que só se venderá en soporte físico (en vez de apostar polas descargas como o xogo para plataformas domésticas).

Korra pode enfrontrarse ao mal desencadeando potentes ataques nos que emprega os poderes dos 4 elementos

PUBLICIDADE