La AbadÃa del Crimen poderá xogarse en PC, PS4 e Switch
xoves, 4 de novembro do 2021
Nos anos 80 o xogo de ordenador La AbadÃa del Crimen,
adaptación non oficial da novela O Nome da Rosa, converteuse non grande
referente do software español, estando considerado por moitos como o tÃtulo
máis representativo da Idade de Ouro do Software Español, e como homenaxe a este
tÃtulo temos a Zerouno Games preparando unha conversión para máquinas modernas
no que deron en chamar Retro
Golden Age – La AbadÃa del Crimen.
Estamos ante unha solución para gozar do xogo orixinal en ordenadores persoais,
que poderá adquirirse a través de Steam, presentando distintos aspectos de
pantalla, con opcións de gardado de partida e rebobinado e con numerosos
material sobre o xogo para enriquecer esta edición tan especial, que
sorprendentemente tamén contará con versións para PlayStation 4 e Nintendo
Switch, polo que os que queiran gozar das aventuras de frei Guillermo teranas
ao alcance dende moitas plataformas a primeiros de 2022.
- A edición Retro Golden Age de La AbadÃa del Crimen inclúe extras dixitais para homenaxear ao grande clásico dos videoxogos españois