LG vende máis de 15 millóns de móbiles Optimus L
venres, 15 de febreiro do 2013
LG
Electronics anunciou hoxe que a familia de smartphones Optimus L está a
conseguir vender un terminal cada segundo durante os últimos 2 meses, levando a
esta liña de móbiles a superar
a barreira dos 15 millóns de unidades. Este comunicado faise a poucos dÃas
para o Mobile World Congress, ou sexa, para o primeiro aniversario da
presentación dos móbiles Optimus L, que este ano contarán cunha segunda
xeración que mellora as súas prestacións e coida aÃnda máis a súa estética, que
é un dos factores que axudou a estes móbiles a facerse un lugar no mercado.
Os Optimus L destacan por ter un deseño coidado, e unha boa relación
calidade-prezo, caracterÃsticas que manterán na súa seguinte xeración, polo que
agardan repetir o seu éxito, que aÃnda que están lonxe do volume de vendas de
Samsung, permite que LG mantéñase no xogo, competindo actualmente con grande
forza con fabricantes como HTC, ZTE e Huawei por converterse no segundo
fabricante de smartphones con Android.