LG vai estandarizar o uso do dobre toque na pantalla para desbloquear os seus dispositivos

luns, 30 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A liña de dispositivos LG Series II van recibir unha actualización a partir do mes de xaneiro na que se incluirá a funcionalidade Knock (antes coñecida como KnockON), que vai converterse nunha prestación estándar nos produtos con pantalla táctil da compañía e que permite o desbloqueo do terminal con tocar dúas veces seguidas a súa pantalla en vez de ter que premer o botón de acendido (o que pode resultar incómodo, por exemplo, cando temos o terminal sobre a mesa).
LG estreou esta funcionalidade do LG G2, principalmente polo feito de que o seu botón de acendido está na parte traseira do smartphone, polo que hai situacións nas que resulta moi incómoda a súa pulsación, de aí que a alternativa táctil fose moi ben recibida polos usuarios. En tablets tamén se introdución con semellante éxito no LG G Pad 8.3 e cando fixeron o propio cun terceiro dispositivo (o LG G Flex) quedoulles claro que deberían permitir tal en toda a actual gama de trebellos móbiles da compañía.

PUBLICIDADE