LG publica imaxes do seu novo Chocolate

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O LG BL40, terminal que estreará a gama Black Label de LG, xa é máis oficial ao publicarse na web da compañía distintas imaxes do mesmo xunto coas súas especificacións básicas, deixando claro que este terminal é un interesante relevo para o LG Chocolate, pero cunha impresionante pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 345 píxeles e unhas curiosas proporcións (21:9).
Aínda que parece que esta pantalla estea deseñada só para ver películas en formato cinematográfico, o certo é que podería aproveitarse moito mellor para desenvolver varias funcións á vez coma se o usuario contase con dúas pantallas, e para iso incorporará unha interface chamada Dual Screen UI, que podería servir para amosar simultaneamente 2 tipos de contidos de diferente tipo.
Aparte da pantalla, o terminal que porán á venda no terceiro trimestre do ano (¿en setembro?) coméntase que contará con cámara de 5 Mpíxeles, HSDPA a 7,2 Mbps, Wi-Fi e A-GPS.

PUBLICIDADE