LG presenta unha pantalla OLED 4K flexible e transparente de 77 polgadas

xoves, 22 de xuño do 2017 Marcus Fernández

A división de pantallas de LG, LG Display, presentou hoxe un novo panel OLED de 77 polgadas que chama poderosamente a atención por ser flexible e transparente. Esta nova pantalla tería unha resolución de 4K (3.840 x 2.160 píxeles), un nivel de transparencia do 40% e un radio de curvatura de 80 (de xeito que podería enrolarse até un radio de 80 milímetros sen afectar á función da pantalla).
LG xa presentara en 2014 pantallas OLED flexibles e transparentes de 18 polgadas, levándoas até as 55 polgadas o ano pasado, e con este novo tamaño conséguese ampliar o ámbito de aplicación deste tipo de tecnoloxía innovadora que pode resultar especialmente atractiva para establecementos públicos nos que se queira provocar un grande impacto.

A flexibilidade dos novos paneis OLED facilita que poidan adaptarse a usos innovadores

PUBLICIDADE