LG presenta unha cámara que retransmite vÃdeo en directo por YouTube
xoves, 12 de maio do 2016
O mes que vén vai chegar ao mercado europeo o novo produto
da familia Friend de LG, unha
cámara de acción que integra conectividade LTE, o que permitirÃalle aos
seus usuarios retransmitir vÃdeo en directo a través de servizos como YouTube
Live sen a axuda dun smartphone.
A LG Action CAMLTE tamén pode aproveitar a súa conectividade 3G/4G para o seu
acceso remoto (funcionalidade que recibirá a través dunha actualización no
verán), de xeito que poderÃa aproveitarse como cámara de vixilancia no fogar,
podendo o usuario descargar as gravacións de imaxe e vÃdeo dende un smartphone
que se emparelle coa cámara.
Este trebello ten certificación IP67, de xeito que está protexida contra o po e
a area, e incluso soportarÃa até 30 minutos somerxida a un metro de
profundidade na auga, aÃnda que no terceiro trimestre do ano tamén está
prevista a comercialización cunha carcasa que permite facer a cámara completamente
somerxible (pensando no seu uso en actividades como o surf ou o mergullo. Entre
os seus accesorios haberá adaptadores para permitir a súa montaxe en cascos,
bicicletas, automóbiles... e como vantaxe adicional temos que a súa baterÃa de
1.400 mAh permÃtelle gozar dunha autonomÃa impresionante: até 4 horas de
gravación en Full HD.
Das especificacións da LG Action CAMLTE podemos comentar que a súa cámara ten un
sensor 12,3 MpÃxeles, grava vÃdeo a UHD, Full HD e HD a 30, 60 e 120 fotogramas
por segundo respectivamente, pode transmitir en directo en HD a 30 imaxes por
segundo, ten unha conectividade moi completa (LTE, 3G, Wi-Fi N, USC-C e
Bluetooth 4.1), funciona con 2 GB de RAM, 4 GB de ROM e grava en tarxetas
microSD de até 2 TB de capacidade, incorpora acelerómetro, xiroscopio e GPS,
mide 77,9 x 35 x 35 milÃmetros e só pesa 95 gramos. Un produto realmente
interesante do que queda por saberse o seu prezo de venda.
- A cámara de acción de LG é ideal para filmar actividades deportivas